Os obxectivos da Asociación Amig@s do Morrazo Verde son os seguintes:
– Identificar e divulgar os valores biolóxicos, xeolóxicos e paisaxísticos dos Espacios Naturais da “Rede Natura 2000” na península do Morrazo e de Galicia.
-Traballar cos concellos da península do Morrazo e outros organismos públicos para coidar e manter os Espacios Naturais.
-Contactar con organizacións que estean interesadas na conservación dos Espacios Naturais.
-Contactar con asociacións veciñais e comunais para asesorar, informar, apoiar e traballar en temas de protección e melloras medioambientais.
-Formar unha rede de centros educativos interesados na conservación do medioambiente.
-Traballar para protexer as zonas verdes da urbanización incontrolada.
Para levar a cabo estes fins, a Asociación organizará as seguintes actividades:
- Elaboración de materiais de divulgación.
- Rutas e excursións nos Espacios Naturais.
- Vixiar e denunciar as infraccións en Espacios Naturais.
- Talleres sobre plantas medicinais, flora, fauna, comportamento ambientalmente adecuado.
- Charlas, conferencia e exposicións.