Actividade 1 – Diario dunha árbore
Obxectivos:
- Dar a coñecer as árbores e o seu entorno, fauna e flora do monte galego.
- Crear un hábito de sendeirismo, observación e meditación da natureza.
- Espertar conciencia, admiración, respecto e coidado pola natureza.
- Educar en coidados medioambientais e reciclaxe.
- Fomentar actividades creativas a través da arte e ofrecer experiencias artísticas saudables a través da arteterapia.
- Motivar a participación activa dos nenos e nenas nas actividades propostas e a súa expresión verbal, escrita e artística.
- Potenciar o desenvolvemento da súa creatividade.
- Educar na orde e limpeza do seu espazo e aula.
Actividade 2 – Recoñecendo plantas
Obxectivos:
- Dar a coñecer, recuperar e por en valor o coñecemento das nosas plantas, os seus usos populares e remedios tradicionais.
- Manter viva a herdanza dos nosos antepasados e antepasadas.
- Espertar conciencia e admiración pola marabilla da natureza que se expresa a través das plantas.
- Fomentar actividades creativas a través da arte e ofrecer experiencias artísticas saudables con propostas de arteterapia.
- Motivar a participación activa dos nenos e nenas nas actividades propostas e a súa expresión verbal e artística.
- Educar na orde e limpeza do seu espazo e aula.
(Fotos das actividades publicadas coa autorización do centro escolar)