Actividade 1 – A auga do mar
Obxectivos:
– Coñecer as principais características da auga do mar.
– Saber por qué fenómenos pode variar e por qué e preciso que teña unha boa calidade (bandeiras azuis).
– Resaltar a importancia da auga do mar como hábitat, medio de traballo, lugar de ocio, fonte de recursos, etc.
– Fomentar a creatividade no alumnado a través dos exercicios propostos.
(Fotos das actividades publicadas coa autorización do centro escolar)
Actividade 2 – Pegadas na area
Obxectivos:
– Identificación das zonas da Praia en función do tipo de area que presenta.
– Coñecemento dos fenómenos que xeran e moven a area na praia.
– Afondar na importancia que ten a area neste ecosistema e por qué non se debe alterar. Reflexionar sobre os usos sostibles da area da Praia.
– Fomentar a creatividade no alumnado a través dos exercicios propostos.
Actividade 3 – O universo das charcas
Obxectivos:
– Coñecemento do sistema intermareal : mareas e peculiaridades
– Identificación das especies de peixes, mariscos, algas
– Reflexionar sobre a maneira de respectar o ecosistema
Actividade 4 – Saída á praia Santa Marta (Cangas)
Obxectivos:
-Repasar “in situ” os aspectos máis relevantes das actividades realizadas na aula.
– Identificación de especies animais e vexetais do entorno mariño.
– Concienciar sobre a importancia do coidado do medio.