Actividades nas praias – Verán 2008
Obxectivos das actividades nas praias:
- Achegar á xente os problemas que hai no noso entorno.
- Sensibilizar ás persoas das consecuencias dos nosos hábitos diarios sobre o medioambiente.
- Fomentar o sentimento crítico e participativo.
- Dar a coñecer a fauna e flora das nosas praias.
- Invitar a persoas de todas a as idades a respectar o seu entorno.
DATAS
Praia de Nerga: 5 de Xullo e 2 de Agosto
Praia de Menduiña: 12 de Xullo e 9 de Agosto
Praia de Liméns: 19 de Xullo e 16 de Agosto
Praia de Areabrava: 26 de Xullo e 23 de Agosto
Praia de Rodeira: 30 de Agosto. Remate( festiña ecolóxica)
ACTIVIDADE PRINCIPAL NAS PRAIAS DE CANGAS
Benvida
Quen somos. Por qué estamos aquí.
Charla: información do entorno, especialmente: flora, fauna e algas. Mostras de fichas. Explicación de comportamentos sostibles.
Traballos en grupos: busca de exemplos de flora, fauna e algas para a súa identificación. Exame, comentario, anotación de nomes e debuxos nos blocks de notas.
Presentación: os grupos amosan os seus debuxos realizados e falan sobre os seus novos coñecementos.
No seguinte enlace temos un póster como síntese do traballo realizado nas praias.