Outras unidades didácticas dispoñibles

ACTIVIDADE: ¿PESCAMOS O QUE COMEMOS OU COMEMOS O QUE PESCAMOS?

Obxectivos:

– Identificación das principais especies que se comercializan na nosa zona.

– Aproximarnos ao concepto de “Pesca sostible” e o papel que xoga o medio ambiente neste ámbito.

– Importancia de comer peixes, moluscos e os produtos derivados do mar. Destacaremos algunhas propiedades.

– Diferenciación entre peixe branco e peixe azul. Características xerais de cada un.

– Ampliar o coñecemento do sector mariño e da pesca en xeral.

ACTIVIDADE:    UN  DÍA DE PESCA

Obxectivos:

– Coñecemento dos principais tipos (artes) de pesca nas nosas Rías e identificación das especies que podemos capturar con cada unha delas.

– Salientar a importancia da pesca nos nosos días, a situación, a relevancia económica e social que ten no noso municipio.

– Reflexión acerca das actividades máis ou menos sostibles que se levan a cabo no sector pesqueiro; a importancia ambiental.

–  Aumentar a cultura xeral, a creatividade e o razoamento do alumnado mediante os exercicios realizados.

ACTIVIDADE:  UNHA VIAXE EN BARCO

Obxectivos:   

– Coñecemento dalgún vocabulario básico dos barcos (proa, popa, babor, estibor).

– Identificación dos distintos tipos de barcos e os seus usos.

– Relacionar o aprendido noutras actividades co que aprenderemos nesta, por exemplo cos conceptos: pesca de altura, pesca de baixura.

 –  Motivación polo coñecemento do medio mariño.

 – Creatividade, tolerancia e respecto, a través dos exercicios en grupo.

ACTIVIDADE:     ANIMAIS MARIÑOS

Obxectivos:

– Identificación das zonas da praia e das diferentes especies  animais que poden habitar en cada unha delas.

– Afondar na importancia dos animais da praia para o funcionamento deste ecosistema.

– Reflexión acerca das distintas actividades sostibles e non sostibles que se poden levar a cabo na Praia.

–  Fomentar a creatividade no alumnado a través dos exercicios propostos.

ACTIVIDADE:     VEXETAIS MARIÑOS

Obxectivos:

– Identificación das zonas da Praia e das diferentes especies  vexetais que poden habitar en cada unha delas, diferenciando as algas das plantas das dunas.

– Afondar na importancia dos vexetais da praia para o funcionamento deste ecosistema.

– Reflexión acerca das distintas actividades sostibles e non sostibles que se poden levar a cabo na Praia.

–  Fomentar a creatividade no alumnado a través dos exercicios propostos.

ACTIVIDADE:     A REDE NATURA 2000 E OS USOS SOSTIBLES

Obxectivos:

– Coñecer que é, as principais características da Rede Natura 2000, e que pretende facer na sociedade.

– Significado  de sostible e aplicalo a diversos ámbitos.

– Concienciar sobre o coidado do medio ambiente, como persoas e como poboación. Valores ecolóxicos e de protección.

– Fomentar a creatividade no alumnado a través dos exercicios propostos, a tolerancia e o respecto.

ACTIVIDADE:   FONDO MARIÑO

Obxectivos:

– Dar a coñecer a riqueza e diversidade do fondo mariño galego.

– Despertar admiración e conciencia polo coidado e respeto hacia o noso fondo mariño.

– Fomentar actividades creativas a través da arte.

– Traballar na área de lingua galega a través da narración escrita.

– Participar no chamamento a responsabilidade e desenvolvemento das súas capacidades como seres autónomos involucrando ao alumnado na súa propia corrección ortográfica.